VER CATALOGO https://issuu.com/galeriamontenegro.com/docs/2020.05.01_exposici_n_on_line

OS RENOVADORES DA ARTE GALEGA 

Os artistas do chamado Movemento Renovador (Maside, Colmeiro, Souto, Laxeiro, Seoane…), tamén coñecidos como “Os Novos”, dedicaron unha atención preferente á situación, identidade, pasado e futuro de Galiza e da súa cultura. Desde finais dos anos vinte traballaron mergullados nun ambiente e nun espazo de reconstrución nacional, no que os creadores levaron a cabo a súa actividade cunha dominante preocupación polo desenvolvemento social e cultural do noso país, un contexto que lembraba Luís Seoane dos seus tempos universitarios -ao redor de 1929-31- afirmando que non vivían nunha torre de marfil e que se sentían “formando parte de un proceso evolutivo de Europa pero sintiendo que en Galicia, en su escondido genio nacional estaban nuestras raíces más hondas” . Debemos, polo tanto, ter moi en conta que este ámbito no que se formaron é o dun espazo aberto e permeábel ao influxo externo –ese ser parte do proceso evolutivo de Europa- e isto é algo que se encargarán de lembrar ao longo de toda a súa vida estes artistas.

Carlos Bernárdez