VER CATALOGO 2 OPCIONES

                          https://online.fliphtml5.com/oexex/lylt/                 

                          CATÁLOGO LUIS TORRAS Exposición                    

FORMAS NO ESPAZO E NO TEMPO. A PINTURA DE LUIS TORRAS 

Aínda que non libre de modulacións ao longo do tempo, a obra de Luis Torras (Vigo, 1912-2024) combina silencio, estatismo e unha moi elaborada e precisa factura creando un universo carente de excesos preciosistas. Dono dunha depurada técnica, conseguíu penetrar en aspectos fundamentais da condición humana e reflexionar sobre o sentido profundo da existencia. Estamos perante unha pintura feita de silencios e envolvida nunha atmosfera conxelada.

Os temas da súa pintura: as paisaxes, as naturezas mortas e as figuras humanas estáticas, frecuentemente en estreita ligazón, permitiron ao artista reelaborar os xogos, os ollares, os movementos conxelados e tamén favoreceron o pormenorizado estudo compositivo.

Luís Torras analizaba as formas no espazo, na materia, no espírito e no tempo, revelando que o ilusorio da representación é unha construción cultural que pode dicir tanto da nosa concepción do mundo como a linguaxe máis complexa e elaborada.